|
LE FRIGO
Este texto contén: Unha chamada de Australia, dúas violacións (seguidas), unha anestesia por cloroformo (sen violación), un editor en quebra, unha escritora ex-modelo, unha xitana voyeurista, un detective na procura dun filme que protagonizar; un galgo afgán con incontinencia urinaria; unha psicanalista con incontinencia verbal; unha nai alcohólica con debilidade polos negros e polas obras de caridade; unha morte seguida de resurrección, e… ratas, moitas ratas en desbandada do Instituto Pasteur.
Todo isto acontece dentro do universo prodixioso de L., un home que é muller e que no día do seu cincuenta aniversario recibe un estraño agasallo: un frigorífico.
O Frigorífico de Copi, retrato dun tempo saturado de imaxes e soedade, é unha das máis fascinantes propostas de interpretación do teatro contemporáneo. É un texto cáustico e intemporal no que todos os xéneros sexuais e todos os estilos teatrais se suceden promiscuamente de forma vertixinosa e sorprendente: da comedia de xénero á farsa de costumes, do melodrama ao cabaré, da traxicomedia á sátira social
10 Euros
|
|